Do valor ao peche: deseña un embude comercial efectivo. Bloque I

Dende 23 de xuño, 2026 - Ata 23 de xuño, 2026

Aprende a transformar o interese dos teus clientes en oportunidades reais de negocio. Nesta sesión práctica organizada polo Polo de Baños de Molgas descubrirás como definir o teu cliente ideal, construír unha proposta de valor sólida e sentar as bases dun embude comercial efectivo para vender con máis seguridade e confianza.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Martes, 23 de xuño I 10:00 h - 12:00 h 

💻 En liña. Enviarase ligazón nas 24 horas previas á sesión 

 

Tes unha boa idea, pero cústache converter o interese dos teus clientes en vendas reais? Queres comunicar mellor o valor do teu proxecto e ter máis seguridade nas conversas comerciais?

 

Esta formación, organizada polo Polo de Baños de Molgas e impartida por Alicia Jover, está pensada para persoas emprendedoras que queren fortalecer a súa estratexia comercial e aprender a acompañar aos seus clientes desde o primeiro contacto ata a decisión de compra.

 

Nun formato práctico e participativo, traballaremos sobre o teu propio proxecto para axudarche a identificar con claridade quen é o teu cliente ideal, que necesidades ten e como construír unha proposta de valor diferenciada e orientada á venda.

 

O obxectivo é que poidas empezar a construír o teu propio embude comercial e definir as accións necesarias para transformar oportunidades en clientes.

 

A formación contará cunha segunda sesión o día 25 de xuño: https://polosemprendemento.gal/calendar/do-valor-ao-peche-desena-un-embude-comercial-efectivo_bloque-ii 

 

Se queres vender con máis confianza, comunicar mellor o valor do que fas e crear un proceso comercial máis eficaz, esta sesión é para ti.

 

Programa 

10:00 h - Introducción e benvida

 

10:05 h - Contido temático:

  • Cliente ideal e necesidades reais.
  • Proposta de valor orientada a vendas.
  • Dor, desexo, obxeccións e motivacións de compra.
  • Percorrido do cliente antes da decisión.
  • Identificación de fugas ou puntos débiles no proceso comercial actual

 

12:00 h - Peche da xornada 

 

 

Online

Voltar