Do Fogar ao Negocio: normativa e xestión de vivendas de uso turístico e colivings

Dende 15 de outubro, 2025 - Ata 15 de outubro, 2025

Nun contexto no que as vivendas de uso turístico (VUT) e os colivings están a gañar protagonismo como modelos habitacionais alternativos e fontes de ingresos, esta sesión pretende ofrecer unha visión clara, práctica e actualizada sobre as posibilidades reais de emprendemento neste eido.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Mércores, 15 de outubro | 11:00 - 13:00 h

💻 Online

 

 

As vivendas de uso turístico e os colivings están cada vez máis estendidos, pero moitas persoas non teñen clara a normativa e xestións ao respecto. Esta sesión organizada desde o Polo de Silleda pretende resolver esta necesidade de tantas persoas que poderían darlle unha nova vida económica ás súas propiedades infrautilizadas, e non o fan por descoñecemento. 

 

Ao longo da actividade afondarase na normativa autonómica e estatal que regula estes modelos, así como as claves para a súa comercialización e rendibilidade. Presentaranse casos de éxito e se resolverán todas as dúbidas que poidan xurdir, para que as persoas asistentes poidan levar a cabo os seus propios proxectos con toda a información precisa. 

 

 

Programa

11:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

11:10 h - Presentación da actividade e dos poñentes

11:15 h - Aviturga: Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia. Normativa e consideracións para dar de alta unha vivenda.

11:45 h - VUT: resolución de dúbidas e preguntas.. Dulcinea Aguín (Presidenta de Aviturga)

12:00 h - Coliving iSlow. Normativa e xestión dun coliving no rural galego  

12:30 h - Colivings: resolución de dúbidas e preguntas. Inés Silva (Xerente Coliving iSlow)

12:45 h - Conclusións e peche

 

 

Inscríbete e dálle unha nova vida aos teus inmobles!


Online

Voltar