Dixitalización nas cooperativas hortícolas

Dende 16 de decembro, 2025 - Ata 16 de decembro, 2025

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa de "Dixitalización nas cooperativas hortícolas" no marco da Rede Eusumo. Unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxías avanzadas aplicables ao sector.

 

Data: 16 de decembro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: Teleformación

A actividade está dirixida a profesionais e entidades que buscan avanzar en modernización, optimización e competitividade.

 

Programa:

  • Introdución á dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector hortícola: de que falamos, por que e para que
  • Inmersión nas tecnoloxías avanzadas clave no sector hortícola: automatización e robótica, sensores e internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridad e blockchain, realidade estendida e integración e aproveitamento da información
  • Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxías avanzadas clave
  • Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas
  • Taller práctico en tecnoloxías comerciais
  • Servizos de apoio EDIH DATAlife

 

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 


Voltar