
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Dixitalización dos procesos de xestión cooperativa" no marco da Rede Eusumo.
Data: 30 de xuño
Horario: de 09:30 h a 14:30 h
Modalidade: Online
A actividade está dirixida a:
- Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia e persoal técnico)
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.
Obxectivos:
- Presentar unha lista de servizos que poden recibir os asistentes en relación coa dixitalización e implementación de tecnoloxías avanzadas a través dos DIH
- Presentación de casos de éxito de implementacións reais. Expoñer algunhas ferramentas comerciais existentes.
- Coñecer as tipoloxías relevantes para as cooperativas: descrición, utilidade e beneficios que aportan.
Programa:
- Teconoloxía e competitividade: mapa xeral de tecnoloxías
- Teconoloxías para a toma de decisións: datos internos e externos
- Automatización de procesos e intelixencia artificial
- Outras tecnoloxías de aplicación no sector. Coloquio de Gonzalo Abuín.
- Implantación do Caderno de Campo Dixital Cooperativo C3 - SIGGEX
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop