Dinamización do emprendemento hostaleiro a través da formación especializada

Dende 17 de abril, 2026 - Ata 17 de abril, 2026

Un encontro dinámico para inspirar e descubrir oportunidades no sector hostaleiro, combinando información e participación. Un espazo para coñecer a oferta formativa, intercambiar ideas e conectar con profesionais e persoas emprendedoras.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Vernes, 17 de abril I 10:00 h - 12:30 h 

📍 Ateneo Casino. Av de Galicia, 29-31, Monforte de Lemos 

 

O próximo 17 de abril, o Ateneo Casino de Monforte de Lemos converterase nun espazo de inspiración para todas aquelas persoas que soñan con abrir, mellorar ou reinventar un negocio no sector hostaleiro. Nun territorio onde a gastronomía e o turismo marcan o ritmo, apostar pola formación pode ser o primeiro gran paso cara ao éxito.

 

A xornada, organizada polo Polo de Monforte de Lemos, porá o foco nas oportunidades que ofrece a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández, un referente na preparación de profesionais capaces de transformar unha idea nun proxecto sólido. Porque detrás de cada iniciativa con futuro hai coñecemento, dedicación e unha visión clara.

 

Ao longo da mañá, combinaranse testemuños reais de persoas que xa deron o salto coas achegas de entidades clave da Ribeira Sacra. Unha oportunidade para escoitar, aprender e descubrir que cada historia de éxito comeza cunha decisión valente.

 

Este encontro non é só unha actividade formativa, é tamén un punto de partida: un lugar onde nacen conexións, xorden novas ideas e se abren portas. Porque emprender non é só crear un negocio, é construír futuro.

 

Programa 

10:00 h - Recepción de asistentes e benvida

 

10:10 h - Presentación do Polo de emprendemento e da actividade, a cargo de técnicos 

 

10:20 h 

Exposición da oferta formativa

Rebeca Vázquez. Escola Hostalería Fundación Belarmino Fernández

 

Exemplos reais da formación:

Martín Mantilla. Cociñeiro e dono do restaurante Berso

Jesús Soneira. Mestre Restaurante O Castelo- Algueira

 

11:10 h 

Intervencións dos  representantes das entidades participativas

- Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next

- Consorcio de Turismo

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo

 

11:40 h - Quendas de preguntas

 

12:30 h - Networking - Café

 


Presencial

Información adicional

Colaboradores Fundación Belarmino Fernández Iglesias-Escola de Hostalería

Voltar