Dende 01 de outubro, 2026 - Ata 01 de outubro, 2026
O futuro do queixo de Friol constrúese en equipo. Unha xornada para compartir ideas, detectar oportunidades e impulsar novas vías de innovación e emprendemento arredor do sector lácteo.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Online

🗓️ Xoves, 1 de outubro I 10:30 h - 12:30 h
💻 En liña
O Polo de Friol impulsa unha xornada de traballo orientada a fortalecer o ecosistema do Queixo de Friol mediante a colaboración entre as entidades implicadas no desenvolvemento do sector. Durante a sesión reuniranse representantes do Concello de Friol, GDR, AGACAL e da Aula de Produtos Lácteos da USC para compartir coñecemento, detectar retos comúns e explorar novas vías de cooperación.
A través dun enfoque práctico analizaranse as posibilidades de innovación e transferencia de coñecemento aplicadas á transformación láctea, así como iniciativas que poidan xerar novas oportunidades de emprendemento, diversificación e valorización do territorio arredor do queixo.
Programa:
10:30 h - Benvida e recepción.
10:45 h - Visión estratéxica da Aula.
11:15 h - Mesa de análise: necesidades e oportunidades.
11:50 h - Innovación, selo compartido e futura Asociación.
12:20 h - Conclusións e documento de retorno.
12:30 h - Peche da sesión
![]()