Dinamización do ecosistema emprendedor

Dende 03 de xuño, 2026 - Ata 03 de xuño, 2026

Esta actividade consiste nun encontro presencial dirixido aos axentes do ecosistema emprendedor da comarca. Nesta ocasión, ademais, incorporarase a participación de persoas desempregadas e estudantes universitarios/as, co obxectivo de ampliar as voces implicadas e achegar novas perspectivas ao tecido emprendedor local.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 3 de xuño I 11:30 h - 13:30 h 

📍 CEO (Confederación Empresarios de Ourense). Praza das Damas, n1, Ourense 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Carballiño organiza a xornada "Dinamización do ecosistema emprendedor" na que se dará continuidade ao traballo colaborativo desenvolvido en encontros anteriores, promovendo o debate e a cooperación arredor do emprendemento e a xeración de emprego no territorio. O encontro centrarase tamén en compartir os cambios producidos nas xuntas directivas das distintas entidades participantes, presentar os novos membros e poñer en común as principais liñas de actuación previstas para este período.

 

Ademais, proporase a continuidade dun modelo de reunións itinerantes que permitan coñecer de primeira man as diferentes realidades locais, así como a creación dun comité rotativo que favoreza a implicación activa e equitativa de todas as entidades participantes.

 

A xornada combinará un espazo inicial de intercambio de información, no que os distintos participantes compartirán as súas principais liñas de actuación, novidades e retos actuais, cunha segunda parte centrada na xeración de ideas e propostas de traballo conxunto.

 

Nesta segunda fase desenvolverase unha dinámica participativa baseada nun enfoque creativo e práctico, baixo o nome de “Laboratorio de solucións improbables”. A través desta metodoloxía, os participantes traballarán sobre distintos retos do territorio desde perspectivas alternativas, que axuden a repensar os problemas habituais e a explorar novas formas de abordalos.

 

Ao remate da sesión, poñeranse en común as conclusións do traballo realizado e identificaranse posibles liñas de acción e compromisos por parte dos distintos axentes implicados, co fin de dar continuidade ás propostas máis viables.

 

Con esta xornada, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego reforza o seu compromiso coa creación de espazos de colaboración activa, orientados non só ao intercambio de información, senón tamén á posta en marcha de solucións concretas que contribúan ao desenvolvemento económico e á creación de emprego no territorio.

 

Programa

11:30 h - Recepción de asistentes e benvida. 

11:40 h - Presentación da xornada e obxectivos da mesma 

11:50 h - Dinámica “Laboratorio de solucións improbables.

13:00 h - Posta en común da experiencia e reflexión final.

13:30 h - Peche da xornada 


Presencial

Voltar