Dende 30 de setembro, 2026 - Ata 30 de setembro, 2026
Un encontro para reforzar a colaboración e coordinación entre os axentes do ecosistema emprendedor do territorio.
Categorías: Outra
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 30 de setembro I 11:30 h - 13:30 h
📍 Concello do Carballiño. Praza Maior, n1
O ecosistema emprendedor dun territorio tamén se constrúe a través da conexión entre as entidades que o forman.
Neste encontro, o Polo do Carballiño pon o foco en como mellorar esa conexión na práctica: compartir coñecemento e recursos, detectar onde se poden simplificar os procesos e atopar novas formas de traballar de maneira coordinada.
Un espazo de traballo orientado a transformar as necesidades detectadas no día a día en melloras concretas na colaboración entre axentes, aproveitando os recursos que xa existen no territorio.
Programa:
11:30 h - Recepción de asistentes e benvida.
11:35 h - Posta en común de novidades e retos.
12:00 h - Presentación da dinámica “Laboratorio de fricción cero”.
12:15 h - Traballo colaborativo en grupos.
13:00 h- Posta en común das propostas e definición de compromisos
13:30 h - Peche da sesión
![]()