Dende 08 de abril, 2026 - Ata 08 de abril, 2026
Un encontro para conectar os axentes do territorio, compartir coñecemento e identificar oportunidades que impulsen o emprego, o emprendemento e o desenvolvemento económico local.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 8 de abril I 10:30 h - 12:30 h
📍Sede do Polo de Silleda. R/ Trasdeza, 70, Silleda
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda promove un encontro de traballo entre os principais axentes que impulsan o emprego, o emprendemento e o desenvolvemento económico no territorio. Esta iniciativa nace coa intención de crear un espazo de diálogo e colaboración entre profesionais e entidades que, desde diferentes ámbitos, traballan diariamente para dinamizar as comarcas de Deza-Tabeirós, Caldas e Pontevedra.
Con este encontro, o Polo de Silleda quere abrir un espazo de conexión entre axentes, favorecendo o coñecemento mutuo, o intercambio de información e a identificación de retos e oportunidades compartidas. A xornada estará baseada nunha metodoloxía participativa, con dinámicas de grupo e momentos de posta en común que permitirán analizar o ecosistema actual, detectar necesidades reais do territorio e explorar posibles vías de colaboración.
O obxectivo final é tecer unha rede de traballo máis coordinada e eficaz, capaz de aliñar esforzos, potenciar o talento local e impulsar novas iniciativas empresariais que contribúan ao desenvolvemento económico e á creación de emprego na zona. Un primeiro paso para construír, entre todos os axentes implicados, unha visión compartida de futuro para o territorio.
Programa
10:30 h - Recepción de asistentes e benvida
Presentación do encontro. Contextualización e obxectivos
10:45 h - Mapa do ecosistema actual
Dinámica de presentación de axentes. Identificación de recursos territoriais existentes e visualización nun panel común.
11:15 h - Detección de necesidades reais do territorio
Necesidades de talento e perfís profesionais. Sectores con potencial de crecemento. Barreiras para o emprego/autoemprego. Necesidades formativas
12:15 h - Café - Networking activo
12:30 h - Peche da xornada
![]()