Difusión da cultura emprendedora no programa Xuventude Mentoring (AEDEZA)

Dende 07 de novembro, 2025 - Ata 07 de novembro, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda organiza esta actividade de difusión da cultura emprendedora dentro do programa Xuventude Mentoring, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e impartido pola Asociación de Empresarios do Deza.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

Difusión da cultura emprendedora dentro do programa Xuventude Mentoring, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e impartido na Asociación de Empresarios do Deza (Rúa Otero Pedrayo nº24, Lalín). Este programa posibilita que 12 persoas mozas entre 18 e 30 anos poidan realizar estadías formativas en empresas e entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia. O Polo de emprendemento de Silleda presentará a Rede de polos de emprendemento como un recurso público dispoñible tamén para a mocidade, incidindo na importancia do acompañamento profesional. Presentaranse algúns dos proxectos atendidos no Polo e a súa evolución, explicaranse as diferenzas entres as principais fórmulas xurídicas, as axudas cas que contan para o emprendemento e finalizarase a xornada cunha dinámica adaptada da metodoloxía Canvas. 


Presencial

Voltar