Difusión da cultura emprendedora no PIE de AEDEZA

Dende 12 de marzo, 2026 - Ata 12 de marzo, 2026

O Polo de Emprendemento de Silleda organiza unha actividade de difusión da cultura emprendedora nas instalacións de AEDEZA en Lalín

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

Esta actividade está dirixida ás persoas participantes no Programa Integrado de emprego. A través dunha intervención informativa, exemplos inspiradores e unha pequena dinámica de reflexión, visibilizarase o autoemprego como unha opción realista ao remate do itinerario formativo. Ademais, daranse a coñecer os recursos e servizos de apoio dispoñibles nos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia. A sesión busca activar unha actitude proactiva ante o futuro laboral, reforzar a autoestima profesional e conectar coa realidade emprendedora do territorio.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresAEDEZA

Voltar