Difusión da cultura emprendedora no Obradoiro Dual de Emprego de Sarria

Dende 02 de xullo, 2026 - Ata 02 de xullo, 2026

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Sarria, promociona a cultura emprendedora entre o alumnado do Obradoiro Dual de Emprego de Sarria. A proposta de información estará enfocada na persoa e cultura emprendedora, os retos para emprender e as axudas públicas ás que teñen acceso, así como os servizos da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

A sesión comezará cunha dinámica participativa na que o alumnado achegará palabras e ideas asociadas aos conceptos de emprendemento e persoa emprendedora. A través dun proceso de reflexión e debate grupal, analizaranse as diferentes achegas para identificar aquelas que mellor definan o significado do emprendemento na actualidade.

A actividade permitirá poñer en valor competencias emprendedoras como a iniciativa, a creatividade, a capacidade para resolver problemas, a adaptación ao cambio e o traballo en equipo. Ademais, favorecerá unha visión ampla do emprendemento, entendéndoo como un proceso orientado a identificar necesidades e xerar solucións con impacto económico, social e ambiental.

Esta dinámica servirá como introdución aos contidos da sesión, creando un marco común de comprensión sobre a cultura emprendedora e o papel das persoas emprendedoras no desenvolvemento da súa contorna.


Presencial

Voltar