Difusión da cultura emprendedora no OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DE CAMBA

Dende 27 de agosto, 2025 - Ata 27 de agosto, 2025

Sesión informativa e práctica dirixida ao alumnado de forestal e albanelaría do Obradoiro de Emprego Terras de Camba para difundir a cultura emprendedora, presentar exemplos reais de autoemprego e dar a coñecer os servizos do Polo de Emprendemento de Silleda.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de Emprendemento de Silleda organiza unha sesión para o alumnado de forestal e albanelería do Obraidoro de Emprego Terras de Camba co obxectivo de dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos/as do programa, detectando posibles iniciativas entre eles. 

Durante dúas horas, presentaranse os  recursos de apoio ao emprendemento ofrecidos polo Polo, compartiranse exemplos de iniciativas empresarias, darase información sobre axudas e subvencións para emprender e realizarase unha dinámica de metodoloxías áxiles para fomentar a participación e reflexión sobre proxectos de emprendemento propios. 

Esta sesión pretende motivar ao alumnado a adoptar unha actitude activa e analizar a alternativa profesional do autoemprego.  

 


Presencial

Voltar