Difusión da cultura emprendedora no IES San Mamede en Maceda para os alumnos dos ciclos de Formación Profesional

Dende 08 de maio, 2026 - Ata 08 de maio, 2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas achegará o emprendemento ao alumnado do IES San Mamede

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O persoal técnico do Polo de Baños de Molgas dará resposta con esta xornada ás inquedanzas xurdidas na feira de emprendemento que organizou o IES San Mamede no mes de marzo.

 

 A actividade dividirase en dúas partes:

  • Na primeira parte farase unha presentación do Polo e dos servizos que ofrece e presentaranse proxectos de emprendemento inspiradores.
  • Na segunda parte levaranse a cabo dúas dinámicas nas que se abordarán conceptos básicos de emprendemento primeiro a nivel grupal e na segunda dinámica a nivel individual.

 

O obxectivo é que o alumnado entenda o proceso de emprendemento e que coñeza diferentes ferramentas dispoñibles que lles poden ser de axuda se deciden emprender.


Presencial

Voltar