Dende 20 de maio, 2026 - Ata 20 de maio, 2026
O Polo de emprendemento e apoio ó emprego de A Fonsagrada organiza unha actividade de información e taller de traballo a desenvolver como parte da formación integral do alumnado participante na Educación Secundaria.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de Emprendemento e apoio ó emprego de A Fonsagrada organiza esta actividade de difusión da cultura emprendedora no IES Becerreá, dirixida ás persoas participantes na súa formación. A través dunha intervención informativa, exemplos inspiradores e unha sinxela dinámica de reflexión, visibilizarase o autoemprego como unha opción realista ao remate do itinerario formativo.
Ademais, daranse a coñecer os recursos e servizos de apoio dispoñibles nos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia.
A sesión busca activar unha actitude proactiva ante o futuro laboral, reforzar a autoestima profesional e conectar coa realidade emprendedora do territorio.
![]()