Difusión da cultura emprendedora no CPI Doctor López Suárez

Dende 05 de maio, 2026 - Ata 05 de maio, 2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol, achegase ao CPI Doctor López Suárez de Friol para divulgar entre o seu alumnado a cultura emprendedora

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O  Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol promociona a cultura emprendedora entre o alumnado  do CPI Doctor López Suárez. A proposta de información estará enfocada na persoa e cultura emprendedora, así como nos retos para emprender e as axudas públicas ás que teñen acceso.

Esta sesión dividirase en tres fases: unha primeira de información, unha segunda máis dinámica que axude a reflexionar sobre o emprendemento e crear diálogo e debate entre os alumnos e unha terceira na que se presenta o xogo MPRENDE.


Presencial

Voltar