Dende 26 de maio, 2026 - Ata 26 de maio, 2026
O Polo de Emprendemento de O Carballiño desenvolverá no CIFP Portovello unha xornada de divulgación da cultura emprendedora dirixida ao alumnado do centro, empregando como ferramenta principal a metodoloxía lúdica MPRND.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
Co obxectivo de promover o espírito emprendedor entre o alumnado do CIFP Portovello, organízase unha sesión de divulgación baseada na utilización do xogo MPRND, unha ferramenta didáctica orientada ao desenvolvemento de habilidades vinculadas á creatividade, á toma de decisións, á negociación e á definición de proxectos emprendedores.
A actividade estruturarase arredor das distintas fases do xogo, permitindo ás persoas participantes aproximarse ao proceso emprendedor dunha maneira dinámica e experiencial. Nunha primeira fase, o alumnado traballará a identificación de ideas de negocio a través da selección de propostas vinculadas a diferentes sectores produtivos e niveis de dificultade. Posteriormente, desenvolverase unha fase de negociación orientada á obtención dos recursos necesarios para poñer en marcha os proxectos formulados, fomentando competencias relacionadas coa comunicación, a cooperación e a planificación. Finalmente, abordarase unha fase centrada na toma de decisións sobre os valores e elementos intanxibles que definen cada iniciativa emprendedora.
![]()