Difusión da cultura emprendedora na Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández

Dende 28 de maio, 2026 - Ata 28 de maio, 2026

O Polo de Emprendemento de Monforte promociona a cultura emprendedora na Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández, cunha proposta de información e dinámica a desenvolver como parte da formación integral do alumnado do Módulo de Operacións Básicas de Cociña (HOTR0180)

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de Emprendemento de Monforte promociona a cultura emprendedora na Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández, combinando unha sesión informativa sobre emprendemento cunha dinámica participativa baseada na metodoloxía xaponesa do Ikigai. 

Durante a sesión fomentarase a participación activa do alumnado mediante exercicios prácticos, dinámicas de grupo e espazos de reflexión individual, favorecendo que cada estudante poida analizar as súas capacidades, inquietudes e oportunidades dentro do sector da hostalería e tamén noutros ámbitos vinculados ao emprendemento.

Ademais, poñerase en valor a importancia de desenvolver habilidades como a creatividade, a iniciativa, a adaptación ao cambio e a confianza nas propias capacidades como elementos clave para construír un proxecto profesional sólido.


Presencial

Información adicional

Colaboradores Fundación Belarmino Fernández Iglesias-Escola de Hostalería

Voltar