Difusión da cultura emprendedora no P.I.E. en Ponteareas

Dende 07 de maio, 2025 - Ata 07 de maio, 2025

O Polo de emprendemento O Porriño levará a cabo unha dinámica de difusión da cultura emprendedora cos participantes no P.I.E. que tratará a detección de actitudes cara a desenvolver un emprendemento en áreas afíns aos seus gustos e capacidades persoais.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño impartirá unha xornada de difusión e fomento da cultura emprendedora no Programa Integrado de Emprego de Ponteareas.

O obxectivo desta xornada, que se celebrará nas instalacións do CDL de Ponteareas, é dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do programa, detectando posibles emprendementos entre eles.

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresPrograma Integrado de Emprego do Concello de Ponteareas

Voltar