Dende 13 de febreiro, 2026 - Ata 13 de febreiro, 2026
Charla organizada polo Polo de Emprendemento de Mondoñedo para achegar o emprendemento ás persoas participantes da formación en Emergal como alternativa viable de futuro.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de Emprendemento de Mondoñedo organiza esta actividade de difusión da cultura emprendedora nas instalacións de Emergal, dirixida ás persoas participantes na súa formación. A través dunha intervención informativa, exemplos inspiradores e unha pequena dinámica de reflexión, visibilizarase o autoemprego como unha opción realista ao remate do itinerario formativo. Ademais, daranse a coñecer os recursos e servizos de apoio dispoñibles nos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia. A sesión busca activar unha actitude proactiva ante o futuro laboral, reforzar a autoestima profesional e conectar coa realidade emprendedora do territorio.
![]()
ColaboradoresEmergal SL