Difusión da cultura emprendedora en Cáritas Melide

Dende 06 de maio, 2026 - Ata 06 de maio, 2026

O Polo de emprendemento de Melide organiza una actividade de información e taller de traballo a desenvolver como apoio en materia de orientación profesional aos perfis participantes na formación asociada a un Certificado de Profesionalidade.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento de Melide organiza esta actividade de difusión da cultura emprendedora en colaboración con Cáritas Melide, dirixida a persoas de orixe extranxeiro participantes no Certificado de Profesionalidade "Persoal de limpeza en aloxamentos turísticos, edificios e locais". A través dunha intervención informativa, exemplos inspiradores e unha sinxela dinámica de reflexión, visibilizarase o autoemprego como unha opción realista ao remate do certificado de profesionalidade, promovendo o autoemprego como alternativa e saída profesional. Ademais, daranse a coñecer os recursos e servizos de apoio dispoñibles nos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia. 

A sesión busca activar unha actitude proactiva ante o futuro laboral, reforzar a autoestima profesional e conectar coa realidade emprendedora do territorio.


Presencial

Voltar