Difusión da cultura emprendedora e consellos para emprender en Galicia

Dende 07 de outubro, 2025 - Ata 07 de outubro, 2025

O Polo de O Porriño en colaboración co programa de Emprego para persoas xovenes, desenvolverá unha xornada dinámica e participativa dirixida ás persoas usuarias, no marco do programa de Emprego para persoas xovenes da Xunta de Galicia "Nos encontro para o Emprego" na que se abordarán as claves para emprender minimizando riscos.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

A sesión incluirá consellos prácticos e un espazo para resolver dúbidas, co obxectivo de fomentar a iniciativa emprendedora meditada e co acompañamento preciso. 
Horario 09:00 a 11:00h


Presencial

Voltar