Difusión da cultura emprendedora do Polo de Mondoñedo co alumnado do último ciclo do IES San Rosendo

Dende 04 de novembro, 2025 - Ata 04 de novembro, 2025

Charla organizada polo Polo de Emprendemento de Mondoñedo, dirixida ao alumnado do último ciclo de distintas especialidades para visibilizar o emprendemento e os recursos dos Polos da Xunta de Galicia.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de Emprendemento de Mondoñedo organiza esta charla de difusión da cultura emprendedora, dirixida ao alumnado do último ciclo formativo de diferentes especialidades do IES San Rosendo. A actividade busca achegar o emprendemento como unha alternativa realista e viable de futuro profesional, reforzando a autoestima, a iniciativa persoal e o coñecemento dos recursos dispoñibles no territorio. Ao tempo, darase visibilidade ao labor que desenvolven os Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia como rede de apoio integral ás persoas emprendedoras. A sesión terá un enfoque inspirador e participativo, conectando co potencial da mocidade e coas oportunidades do seu contorno.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresIES San Rosendo

Voltar