Difusión da cultura emprendedora en colaboración co Emergal Ensino (Mondoñedo)

Dende 18 de xullo, 2025 - Ata 18 de xullo, 2025

Sesión breve e participativa para achegar o emprendemento como opción viable ao remate da formación, con exemplos locais e apoio do Polo de Mondoñedo.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

A actividade consiste nunha sesión formativa desenvolvida en colaboración entre o Polo de Emprendemento de Mondoñedo e Emergal, dirixida ás persoas participantes na súa formación profesional. A través dunha presentación informativa, exemplos inspiradores de proxectos locais e unha dinámica participativa, búscase visibilizar o autoemprego como unha alternativa realista e accesible ao finalizar o itinerario formativo.

Ademais, informarase sobre os recursos e servizos dispoñibles nos Polos de Emprendemento e apoio ao Emprego da Xunta de Galicia para acompañar o proceso emprendedor. A sesión está deseñada para reforzar a autoestima profesional, promover a iniciativa propia e activar unha actitude positiva ante o futuro laboral.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresEmergal SL

Voltar