Detección de necesidades e oportunidades de emprendemento

Dende 29 de xullo, 2026 - Ata 29 de xullo, 2026

O Polo de Friol desenvolve esta actividade que pon o foco en Friol, Rábade e Begonte

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 29 de xullo | 11:00 h - 13:00 h

📍 Sede do Polo de Friol. Rúa Deputación, nº 18, 1º planta, Friol, Lugo

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol desenvolve unha actividade orientada á identificación de necesidades e oportunidades de emprendemento en Friol, Rábade e Begonte. Esta sesión de traballo, que pon o foco nas especialidades relacionadas co Obradoiro de Emprego “Cumes da Terra Chá IX”, está dirixida aos ADL destes tres concellos, ao persoal técnico do Polo organizador e á dirección e persoal de dito obradoiro.

 

A reunión combinará a presentación de necesidades, a identificación de oportunidades de colaboración e a definición dunha folla de ruta con actuacións conxuntas. Detectar necesidades municipais susceptibles de ser cubertas por novas iniciativas; descubrir oportunidades de autoemprego para o alumnado do obradoiro; analizar servizos con demanda en xardinería, albanelaría, rehabilitación e mantemento; identificar persoas emprendedoras para participar na Rede de polos; ou coordinar a colaboración entre entidades, serán algúns dos obxectivos.

 

PROGRAMA

 

 

11:00 - Benvida, presentación e obxectivos.

 

11:15 - Exposición das necesidades.

 

11:45 - Mesa de traballo: oportunidades de negocio e servizos.

 

12:30 - Priorización e definición de liñas de actuación.

 

12:50 - Conclusións e preparación da segunda sesión.

 

13:00 - Peche da sesión


Presencial

Voltar