Dende 28 de agosto, 2026 - Ata 28 de agosto, 2026
Emprender non é chegar á meta, é seguir avanzando. E para facelo, contar cunha boa rede pode marcar a diferenza. Desde o Polo de O Porriño convidámoste a unha xornada para compartir experiencias, crear conexións e descubrir novas oportunidades de colaboración.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 28 de agosto I 11:00 h - 12:30 h
📍 Oficinas do Polo de O Porriño, R/ Ramiranes, n9
Poñer en marcha un proxecto é só o comezo. Despois chegan novos retos, decisións, oportunidades… e tamén a necesidade de seguir tendo apoio.
No Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño seguimos ao teu lado tamén nesta etapa. Porque o acompañamento non remata cando creas a túa empresa: continúa para axudarche a consolidala, facela medrar e afrontar os novos retos do día a día.
E nesta ocasión queremos ir un paso máis alá: conectarte con outras persoas emprendedoras.
💬 Comparte a túa experiencia.
💡 Descobre novas ideas e formas de facer.
🤝 Atopa posibles colaboracións.
🌱 Amplía a túa rede e segue facendo medrar o teu proxecto.
Será unha xornada para coñecernos, aprender das experiencias doutras persoas e descubrir que, ás veces, unha boa conversa pode converterse nunha gran oportunidade.
E como facer rede tamén merece un momento de desconexión, remataremos no Classic Bar con pinchos e bebida para seguir conversando nun ambiente máis distendido.
Programa:
11:00 h - Benvida e presentación da actividade
11:15 h - Mesa redonda:
O equipo técnico do Polo de O Porriño presentará os servizos de apoio á consolidación e crecemento empresarial, lembrando que o acompañamento continúa unha vez creada a empresa para axudar ás persoas emprendedoras a afrontar novos retos e fortalecer os seus proxectos.
11:40 h - Espazo de experiencias en primeira persoa:
As persoas emprendedoras presentarán brevemente o seu proxecto, a súa traxectoria e as colaboracións que buscan. A continuación, abrirase un espazo de diálogo para compartir experiencias, ideas e establecer novas conexións entre as persoas participantes.
12:30 h - Networking e peche da sesión:
A xornada rematará cun encontro social no Classic Bar, onde se ofrecerán pinchos e bebida nun ambiente distendido para seguir compartindo experiencias.
![]()