Dende 15 de outubro, 2025 - Ata 15 de outubro, 2025
Formación semipresencial para crear/optimizar webs, eCommerce e aplicacións móbiles que impulsen a túa competitividade.
Categorías: Formación
Modalidades: Online, Presencial

🗓️ 15 de outubro, 3 meses de duración
📍 Sede do Polo de Ferrol
💻 Semipresencial
As novas ferramentas web teñen moito potencial para mellorar a presenza dixital dos proxectos de emprendemento e, en consecuencia, aumentar as súas vendas. O Polo de Ferrol, en colaboración co IGAPE e EOI, ofrece esta formación na que deseñar un itinerario web personalizado para o teu negocio.
Aprenderás os diferentes tipos de web dispoñibles para escoller o que máis se adapte ao teu proxecto, poderás crear a túa propia aplicación móbil e traballar con todas as ferramentas que axudarán á túa empresa a mellorar a usabilidade, a imaxe e as vendas.
Que conseguirás?
Duración e certificación
Itinerario de 3 meses: 45 h lectivas presenciais + 18 h de titorías online + 30 h de traballo do alumnado (93 h no diploma). Emítese diploma acreditativo ao superar os requisitos de asistencia e o proxecto final.
Temario (resumo)
Como participar?
Inscrición gratuíta para persoas autónomas e pemes da Rede de Polos da Xunta de Galicia. Prazas limitadas. Aberto o prazo de inscripción ata o 15 de outubro.
Inscríbete e aprende de profesionais como levar a presenza dixital do teu negocio ao seguinte nivel.
![]()
ColaboradoresEOI; IGAPE