Deixa de publicar e empeza a vender

Dende 12 de xuño, 2026 - Ata 12 de xuño, 2026

Acción formativa para persoas emprendedoras, autónomas e pequenas empresas que queren dar un salto real na súa presenza dixital e transformar as redes sociais nunha ferramenta efectiva de visibilidade, captación de clientes e aumento de vendas.

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

🗓️ Venres, 12 de xuño I 10:00 h - 13:30 h 

📍 Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa. Lugar Feiranova S/N, Coristanco

 

A actividade “Deixa de publicar e empeza a vender” organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco stá pensada para persoas emprendedoras, autónomas e pequenas empresas que queren que as súas redes sociais deixen de ser só un escaparate e se convertan nunha verdadeira ferramenta para atraer clientes, xerar confianza e impulsar vendas.

 

Nesta sesión práctica descubrirás como comunicar con máis intención, crear contidos que conecten co teu público e transformar a visibilidade dixital en consultas, reservas ou oportunidades reais de negocio. Traballaranse claves para mellorar as mensaxes, deseñar publicacións máis efectivas, incorporar chamadas á acción e evitar os erros máis habituais que fan que as redes non dean resultados.

 

A xornada combinará explicacións sinxelas e aplicables, análise de perfís e publicacións reais, revisión de boas prácticas e a elaboración dun plan de acción para que cada participante poida levar ideas concretas e poñelas en marcha no seu propio negocio desde o primeiro momento.

 

Programa:

10:00 - Benvida e presentación da xornada.

10:10 - Por que as túas redes non están xerando clientes.

10:30 - Como converter seguidores en clientes.

11:00 - Que tipo de contido axuda a vender.

11:30 - Pausa breve – Café networking.

12:00 - Chamadas á acción que funcionan.

12:30 - Revisión práctica de perfís e publicacións.

13:00 - Plan de acción para empezar a vender máis coas redes sociais.

13:30 - Peche da xornada.


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar