Dende 22 de abril, 2026 - Ata 22 de abril, 2026
Aprende a entender os números do teu negocio e toma decisións con máis seguridade, sen necesidade de coñecementos financeiros previos. Unha formación práctica pensada para quen quere ter o control real do seu proxecto.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 22 de abril I 10:00 h - 12:00 h
💻 En liña (enviarase ligazón nas 24 h antes da sesión)
Poñer en marcha un proxecto ou facelo medrar require moito esforzo… pero saber se realmente funciona é outra historia. Moitas persoas con iniciativas propias facturan, teñen actividade constante e mesmo avanzan, pero seguen con dúbidas á hora de interpretar as cifras ou anticiparse aos momentos complicados.
Esta proposta formativa, organizada polo Polo de Sarria, nace para cambiar iso. Ao longo de dúas sesións dinámicas e moi prácticas, descubrirás como interpretar de verdade a información económica do teu proxecto, sen tecnicismos nin complicacións. Aprenderás a diferenciar entre actividade e resultados reais, a manter o control do diñeiro dispoñible e a detectar sinais de alerta con tempo suficiente para actuar.
O obxectivo é claro: que poidas tomar decisións con seguridade, utilizando os datos como un aliado no día a día do teu negocio.
Está pensada para persoas con iniciativas propias, traballadores por conta propia, profesionais e responsables de pequenos proxectos, independentemente da súa traxectoria. Non fai falta experiencia previa: só ganas de entender mellor como funciona a parte económica do que fas.
Programa
10:00 h - Benvida/Apertura
10:10 h - Os 4 números que todo emprendedor debe dominar
10:30 h - Custos fixos e variables
10:50 h - Exercicio práctico
11:15 h - Cálculo de custos fixos, variables e marxe básica dun negocio
11:35 h - Lectura práctica da Conta de Explotación
11:50 h - Punto de equilibrio
12:00 h - Peche
![]()