De crenzas a resultados: activa o teu potencial profesional

Dende 21 de abril, 2026 - Ata 21 de abril, 2026

Categorías: Outra

 

Durante esta xornada formativa de 2 horas, abordarase de maneira práctica como aplicar o coaching no ámbito profesional, tanto a nivel individual como en equipo. Traballaranse aspectos como a influencia das crenzas nos resultados, os valores na toma de decisións, a comunicación efectiva e o uso de preguntas para xerar reflexión e cambio, todo orientado á consecución de obxectivos comúns.

 

A sesión terá un enfoque dinámico e participativo, combinando explicacións con exercicios prácticos. Ademais, ofrecerase un pequeno almorzo con café para as persoas asistentes.


Outra

Voltar