Dende 04 de marzo, 2026 - Ata 04 de marzo, 2026
Sabes a onde vai cada euro do teu comercio? Aprende a controlar caixa, gastos e ingresos de forma práctica e mellora a rendibilidade do teu negocio. Inscríbete xa!
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 4 de marzo I 15:00 h - 16:30 h
📍 Salón de actos da Casa Grande de Viloira. R/ Elena de Quiroga, n11, O Barco de Valdeorras, Ourense
¿Sabes realmente a onde vai cada euro do teu comercio?
Imaxina poder controlar caixa, ingresos, gastos e stock de forma clara e sinxela, sen complicarte con ferramentas difíciles. Nesta sesión práctica organizada polo Polo de O Barco en colaboración co Centro Comercial Aberto O Barco, Elisa Fernández ensinarache métodos reais para mellorar a rendibilidade do teu negocio, detectar fugas de diñeiro a tempo e tomar decisións intelixentes que marquen a diferenza.
Aprenderás a xestionar o fluxo de caixa, organizar ingresos e gastos, pechar caixa correctamente e aproveitar ferramentas accesibles como Excel para levar todo o control do teu comercio dun xeito práctico e eficiente. Todo pensado para negocios galegos que queren medrar sen perder diñeiro nin tempo.
Non deixes escapar esta oportunidade: inscríbete agora e transforma a xestión do teu negocio!
Programa
15:00 h - Recepción de asistentes
15:10 h - “Da caixa á contabilidade: como controlar as finanzas do teu comercio”
Mellorar o control das finanzas diarias do negocio.
1. Punto de partida: que é “levar ben os cartos”
2. Do caixón á folla: control diario de caixa
3. Separar e ordenar: ingresos e gastos
4. Da folla á contabilidade sinxela
5. Fluxo de caixa: que importa non é só canto gañas, senón cando cobras e pagas
6. Planificar con números: presuposto anual e mensual
7. Control de stock e impacto financeiro
8. Indicadores clave que todo comercio debería mirar
9. Relación coa xestoría e co banco
10. Rutinas para que o control non se descontrole
16:20 h - Dudas e preguntas
16:30 h - Peche da sesión
![]()
ColaboradoresCentro Comercial Aberto