
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) organizan unha xornada formativa sobre "Cultura de prevención de perdas e desperdicios alimentarios" no marco da Rede Eusumo.
Data: 27 de outubro
Horario: de 9:40 h a 14:30 h
Modalidade: Teleformación
Obxectivos:
- Sensibilizar ás cooperativas agroalimentarias e empresas de inserción do sector hortof rutícola sobre a importancia da prevención de perdas e desperdicios alimentarios.
- Proporcionar ferramentas e estratexias prácticas para a implementación de medidas de prevención de perdas e desperdicios alimentarios nas entidades participantes.
- Fomentar a adopción de prácticas sostibles e a economía circular no sector hortofrutícola.
- Propiciar a consolidación e crecemento das entidades destinatarias a través da optimización dos seus procesos e redución de custos asociados ao desperdicio alimentario.
- Dar a coñecer oportunidades de negocio e colaboración derivadas da prevención de perdas e desperdicios alimentarios, en liña cos obxectivos da Axenda 2030 e os principios de sustentabilidade.
Persoas destinatarias:
- Directivos, responsables de produción, calidade e sostibilidade, así como a traballadores e colaboradores de cooperativas agroalimentarias e empresas de inserción do sector hortof rutícola da economía social de Galicia.
- Profesionais e representantes de entidades relacionadas coa seguridade alimentaria, xestión de residuos, desenvolvemento sostible e economía circular, entidades relacionadas coa Industria Agroalimentaria e coa Economía Circular.
- Axentes da cadea alimentaria e operadores do sector primario.
- Autoridades locais e rexionais relacionadas coa loxística e distribución, agricultura, medio ambiente e o desenvolvemento social.
- Sociedade en xeral