Dende 05 de xuño, 2026 - Ata 05 de xuño, 2026
Xornada de traballo promovida polo Polo de emprendemento de Monforte que reúne aos axentes de desenvolvemento local e emprego para analizar de forma conxunta a situación do emprendemento no territorio.
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 5 de xuño I 12:30 h - 14:00 h
📍 Sede do Polo de Monforte. R/ de San Pedro, n3, Monforte de Lemos
Axudar a emprender é moito máis eficaz cando se fai en equipo. Por iso, desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte organizamos unha xornada de traballo con entidades e profesionais do territorio para parar, reflexionar e avanzar xuntos.
Será un espazo para poñer en común a realidade do emprendemento na zona, compartir experiencias reais e detectar tanto os retos como as oportunidades que temos por diante. Unha oportunidade para aliñar esforzos, mellorar a coordinación entre axentes e construír unha rede máis forte e útil para as persoas emprendedoras.
A través dunha dinámica participativa, falarase de necesidades, recursos dispoñibles e novas vías de colaboración que permitan dar unha mellor resposta ao territorio e impulsar novas iniciativas.
E, como non, tamén haberá tempo para conversar de forma máis distendida e seguir creando conexións que suman.
Un encontro para pensar, compartir e construír futuro. Porque cando os axentes colaboran, o emprendemento medra.
Programa
12:30 h - Recepción de asistentes e benvida.
12:35 h - Mesa de análise: situación actual do emprendemento no territorio
(Intervención dos axentes participantes compartindo experiencia e visión)
13:15 h - Identificación de necesidades e oportunidades
(Dinámica participativa cos axentes)
13:45 h - Conclusións e definición de liñas de traballo futuras
14:00 h - Peche da xornada- Petiscos e espazo informal de networking
![]()