
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presenta a formación en liña "Crea a túa entidade de economía social" no marco da Rede Eusumo.
Data: do 01 ao 16 de outubro
Modalidade: online
Duración: 20 horas | 2 webinars
Data dos webinars:
- Martes, 06 de outubro ás 16:30 h
- Xoves, 15 de outubro ás 16:30 h
Finalidade: Impulsar a creación de economía social entre o alumnado universitario e público en xeral.
Destinatarios:
- Alumnado da USC
- Persoas emprendedoras
- Público en xeral
Contidos do curso:
- MÓDULO 1: Economía social: principios, valores e tipos de entidades
- MÓDULO 2: Cooperativas, sociedade laboral e outras fórmulas de economía social
- MÓDULO 3: Conceptos básicos da análise da viabilidade do proxecto
- MÓDULO 4: Proceso de constitución de cooperativas ou sociedades laborais
- MÓDULO 5: Financiamento e liñas de axuda
- MÓDULO 6: Oportunidades de emprendemento
- 2 WEBINARS:
- Sesión inicial: Modelo canvas de economía social
- Sesión final: Traballa o teu pitch
As inscricións estarán abertas ata o 30 de xuño de 2026 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal