Dende 01 de outubro, 2025 - Ata 01 de outubro, 2025
Construíndo e xestionando a túa imaxe pública e exposición social como emprendedor. Descubre os elementos clave, as limitacións e as estratexias máis efectivas.
Categorías: Formación

🗓️ Mércores, 1 de outubro | 10:00 - 13:30 h
📍 Pazo Vista Real. Camiño de Boutrín, 7, 36629 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Unha das competencias fundamentais para as persoas emprendedoras é a xestión da imaxe pública e a exposición social. Un proxecto de calidade chegará máis lonxe se quen está detrás ten a confianza e ferramentas para proxectarse con seguridade cara a clientes, investidores ou entidades colaboradoras.
O Polo de Vilanova de Arousa organiza esta sesión, impartida pola coach Paula Núñez, na que abordar os medos e barreiras que entorpecen a comunicación e confianza precisas para mostrarse en público.
A sesión constará dun exercicio práctico que permita ás persoas participantes desenvolver as súas propias estratexias para avanzar na súa visibilidade. Traballaranse as emocións propias, así como as que se queren xerar na audiencia, e por suposto a mensaxe que se quere transmitir e a xestión das opinións de terceiros.
Programa:
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida
10:10 h - Presentación da Rede de polos
10:20 h - As redes sociais como novos buscadores, a importancia para o emprendemento. “A túa Folla de Roteiro, do invisible ao visible”
12:50 h - Despedida e peche
13:00 h - Café-Viño español
Aprende a xestionar a exposición social e potencia os teus proxectos a través da túa imaxe pública, e inscríbete!
![]()