Dende 11 de setembro, 2025 - Ata 11 de setembro, 2025
Congreso anual no que se busca achegar as iniciativas emprendedoras emerxentes aos líderes do sector, fomentando o intercambio de talento, así como a creación de sinerxías entre os asistentes ao evento. Nesta edición, contaremos con relatores referentes no ámbito do "impulso do rural" e da "reconversión de negocios".
Categorías: Outra

🗓️ Xoves 11 de setembro
🕙 10:00h - 14:30h
📍 Auditorio Municipal de Ferrol, A Coruña
Dúas mesas redondas nas que os relatores poñerán en común as súas experiencias empresarias, ofrecendo diversas perspectivas aos desafíos e oportunidades ás que se enfrontan os empresarios/as no contexto económico actual, abordando aspectos clave para o emprendemento en Galicia e no norte de Portugal.
Programa:
10:00-10:30 - Presentación e comezo do acto
10:30-11:30 - Mesa redonda "impulso rural" (4 relatores)
11:30-12:00 - Coffee Break
12:00-13:00 - Ponencia destacada (1 relator)
13:00-14:00 - Mesa redonda "reconversión empresarial" (4 relatores)
14:00-14:30 - Resolución e peche do acto
14:30 - Comida-Networking
Co obxectivo de poñer en valor tanto aos socios de AJE como aos socios da Rede de Polos de emprendemento, contaremos con acceso gratuíto para todos eles (previa inscripción no enlace do formulario).
Para o resto do público interesado, o prezo de inscrición será de 29€ (IVE incluído), entrada que se abonará mediante transferencia bancaria á conta de AJE Galicia no momento da inscripción (indicado no formulario si se marca a casilla de "otros", en lugar de AJE e Rede de Polos e se lle da a seguinte) e en toda a difusión do evento. Este precio inclúe a entrada ao congreso, coffee break e a comida.