Dende 17 de abril, 2026 - Ata 17 de abril, 2026
Categorías: Outra

Vive unha experiencia diferente de networking. A xornada comezará cunha introdución ao pickleball, onde recibirás unhas nocións básicas do xogo para que poidas iniciarte sen necesidade de experiencia previa. A continuación, xogaremos partidas desenfadadas, pensadas para pasar un bo rato, coñecer xente e crear conexións dun xeito natural e dinámico.
Ás 18:00 h, os asistentes poderán desfrutar dunha merenda saudable, ideal para recuperar enerxías mentres continúa o networking nun ambiente relaxado e próximo. Un plan perfecto para facer contactos de valor fóra do típico evento formal, combinando deporte, benestar e boas conversas.
![]()