Conectar para emprender: sinerxias entre axentes do territorio

Dende 17 de xuño, 2026 - Ata 17 de xuño, 2026

O Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa organiza esta xornada para xuntar persoas e entidades que impulsan o emprendemento no territorio, crear conexións reais e xerar novas oportunidades de colaboración dentro do ecosistema emprendedor galego.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 17 de xuño I 10:00 h - 13:00 h 

📍 Sede do Polo de Vilanova de Arousa. Pazo de Vista Real. Camiño de Boutrín, n7, Vilanova de Arousa, Pontevedra 

 

O emprendemento medra cando existen conexións, colaboración e comunidade. Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa organiza esta xornada pensada para reunir a persoas e entidades que traballan apoiando o emprendemento no territorio.

 

“Conectar para emprender” será un espazo dinámico para coñecer outros axentes, compartir experiencias, descubrir proxectos e abrir novas vías de colaboración que axuden a fortalecer o ecosistema emprendedor galego.

 

Ao longo da xornada haberá presentacións, paneis de proxectos, espazos de diálogo e dinámicas participativas orientadas a crear sinerxías reais entre entidades, profesionais e persoas vinculadas ao apoio ao emprendemento.

 

Se formas parte dunha entidade, asociación, plataforma, proxecto ou iniciativa relacionada co emprendemento, esta é unha oportunidade para ampliar rede, intercambiar visións e detectar posibles colaboracións.

 

Apúntate e forma parte dun encontro pensado para conectar talento, ideas e oportunidades no territorio.

 

Programa

10:00 – 10:10 h - Benvida e presentación da Rede de Polos.

10:10 - 10:35 h - Panel de Proxectos Institucionais

10:35 - 11:00 h - Panel de Axentes Estratéxicos

11:00 - 11:45 - Dinámica de traballo entre os asistentes

11:45 - 11:50 h -  Conclusións

11:50 - 12:00 h -  Despedida e peche

12:00 – 13:00 h -  Networking con catering


Presencial

Voltar