Conectando saberes: Arte e artesanía ante os novos retos

Dende 16 de xuño, 2026 - Ata 16 de xuño, 2026

Un encontro para reflexionar sobre a realidade actual da artesanía e da creación artística, compartir experiencias e crear novas conexións profesionais.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 16 de xuño I 16:00 h - 19:00 h

📍 Lugar: Auditorio Municipal Ilduara Celanova. R/ do Cercado, s/n, Celanova, Ourense

 

A artesanía e a elaboración artística viven un momento de transformación constante, no que a creatividade convive con novos retos relacionados coa comercialización, a visibilidade, a sustentabilidade dos proxectos e a estabilidade económica das persoas creadoras.

 

Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas, en colaboración co Concello de Celanova, organiza un coloquio aberto para reflexionar sobre a situación actual da artesanía e da creación artística, compartir experiencias e analizar as oportunidades que existen para quen desenvolve a súa actividade neste ámbito.

 

Falaremos da importancia da planificación e da previsión no emprendemento creativo, de como construír proxectos máis sólidos e sostibles no tempo e dos desafíos aos que se enfrontan artistas e artesáns na actualidade.

 

Ao rematar, as persoas asistentes poderán participar nun espazo de networking para coñecer de preto o traballo dos artistas participantes, intercambiar impresións e establecer novos contactos profesionais.

 

Se es artista, artesán/á, emprendedor/a ou tes interese polo sector creativo, esta é unha oportunidade para compartir inquietudes, descubrir novas perspectivas e conectar con persoas que comparten os mesmos retos e intereses. Apúntate e forma parte da conversa.

 

Programa

16:00 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada

16:15 h - Presentación do Polo e os seus servicios

16:30 h - Charla coloquio con artistas e artesáns

18:15 h - Café e networking 

19:00 h - Clausura e despedida


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Celanova

Voltar