Dende 03 de xullo, 2026 - Ata 03 de xullo, 2026
Encontro práctico sobre as razas autóctonas galegas e o seu papel no desenvolvemento de proxectos gandeiros sostibles, no que se presentarán recursos de apoio, experiencias reais e oportunidades de emprendemento no medio rural.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 3 de xullo I 10:30 h - 13:30 h
📍 LembraEco S.C, Lugar de Leboreira, Palas de Rei
Se estás a pensar en poñer en marcha un proxecto gandeiro ou en darlle un novo impulso á túa explotación, esta é unha oportunidade única para coñecer alternativas reais con futuro no territorio.
Desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego seguimos a traballar para conectar ás persoas emprendedoras coas oportunidades que ofrece o medio rural. No Polo de Friol detectamos un interese crecente por modelos gandeiros sustentables, diferenciados e vencellados aos recursos locais, onde as razas autóctonas galegas teñen un papel fundamental.
Con este encontro, “Conectando o Polo coas Razas Autóctonas”, queremos achegarte de forma directa e práctica todo o que necesitas saber para valorar a incorporación destas razas nas túas iniciativas: o seu potencial produtivo, o seu valor engadido e os apoios existentes.
Da man de entidades de referencia como Asoporcel, BOAGA e PURAGA, coñecerás o traballo que desenvolven, os servizos que ofrecen e experiencias reais de explotacións que xa apostaron con éxito por estes modelos. Ademais, poderás escoitar un caso de éxito que che permitirá ver, con exemplos concretos, as oportunidades que poden abrirse.
Non será só unha sesión informativa: será un espazo dinámico de encontro, onde poderás resolver dúbidas, intercambiar impresións e establecer contactos directos co sector. E para pechar, compartiremos un café-petisco pensado precisamente para seguir creando conexións nun ambiente máis próximo e distendido.
Unha ocasión perfecta para inspirarte, coñecer novas vías de emprendemento e conectar con entidades e persoas que poden axudarche a dar o seguinte paso no teu proxecto gandeiro.
Programa:
10:30 Benvida e recepción.
10:40 Presentación do Polo de emprendemento: recursos e oportunidades
10:50 Presentación das Asociacións e Razas Autóctonas
11:30 Mesa redonda de Casos de éxito-Experiencias reais
12:15 Diálogo aberto
12:30 Preguntas e respostas
13:00 Café networking en Cantina Ferreira. https://maps.app.goo.gl/PXJbscYfAFAkVrYU9
13:30 Peche da actividade
![]()
ColaboradoresAsoporcel, Boaga, Puraga e LembraEco