Dende 05 de xuño, 2026 - Ata 05 de xuño, 2026
Xornada sectorial para conectar o Polo de Coristanco co ecosistema local de actividades infantís, conciliación, educación non formal e ocio educativo en Ponteceso.
Categorías: Foro/Encontro aberto
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 5 de xuño I 10:00 h - 13:30 h
📍 Ponteceso
Os servizos infantís, o ocio educativo e a conciliación son moito máis ca un servizo esencial para as familias: son tamén un sector con gran potencial para xerar emprego, impulsar o autoemprego e abrir novas vías de colaboración no territorio.
Con este espírito, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco achega ao Concello de Ponteceso esta xornada sectorial, un encontro pensado para reunir profesionais, entidades e persoas vinculadas ao ámbito da infancia co obxectivo de escoitar, compartir e construír xuntas novas oportunidades.
Será unha sesión participativa e dinámica, estruturada arredor de mesas redondas onde se darán cita diferentes perfís do sector: profesionais da educación e do ocio infantil, representantes de asociacións de nais e pais, empresas, axentes sociais e persoas emprendedoras. Un espazo real de diálogo para identificar necesidades, detectar retos e poñer enriba da mesa ideas que poidan converterse en proxectos.
Durante a xornada tamén haberá momentos para o networking e o intercambio informal, favorecendo a creación de conexións entre persoas que comparten interese polo desenvolvemento deste ámbito no municipio. Ademais, abrirase un espazo final de participación para recoller achegas e explorar futuras liñas de colaboración e acompañamento.
Se formas parte deste sector ou tes interese en emprender nel, esta é unha oportunidade para coñecer de primeira man a realidade do territorio, inspirarte con outras experiencias e descubrir novas posibilidades de crecemento profesional.
Programa
10:00 h - Benvida e presentación da xornada
Obxectivo:
• Presentar a actividade, dar a coñecer o papel do Polo e contextualizar a rele- vancia dos servizos infantís como ámbito de oportunidade profesional e empresarial.
Contidos:
• Presentación dos servizos da AEDL do Concello de Ponteceso. • Explicación do rol dos Polos de Emprendemento.
10:10 h - Mesa redonda (parte I)
Contidos:
• Intervencións
1. Ernesto Fernando Calvo, Técnico de urbanismo do Concello de Ponteceso.
2. Isabel Rejes, AEDL Concello de Ponteceso.
3. José Luis Grobas, Presidente ANPA
4. Rosa Otero, Presidenta da Asociación de Amas de Casa da provincia da Coruña.
5. Ani Ulloa, Presidenta de AECO- Asociación de Empresarias da Coruña.
6. Carla Iglesias, Xerente de “La GuaGua”.
7. Roi López, Técnico de Ocio e Tempo Libre.
8. Lucía Luaces, Xerente da Inmobiliaria Sendón de Ponteceso.
◦ Agurtzane López (moderadora).
Posta en común inicial de retos, demandas e oportunidades detectadas no territorio.
11:30 h - Coffee Break
12:00 h - Mesa redonda (parte II)
Contidos:
• Segunda quenda de intervencións cos mesmos perfís participantes. • Contraste de ideas e formulación de propostas.
• Detección de posibles sinerxías e colaboracións entre axentes.
13:00 h - Rogos e preguntas
13:30 h - Agradecementos e despedida
![]()
ColaboradoresConcello de Ponteceso