Dende 13 de maio, 2026 - Ata 13 de maio, 2026
Unha actividade para conectar ideas, persoas e futuro no corazón do rural. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza un encontro no que as persoas participantes poderán coñecer e traballar sobre as novas posibilidades e oportunidades que ofrece o sector comercio
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 13 de maio I 10:00 h - 11:30 h
📍 Sede EFA Piñeiral. R/ Santa María, s/n, Arzúa
O talento do sector comercio ten unha cita en Arzúa. Esta xornada, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide, nace para crear un punto de encontro real entre persoas emprendedoras, proxectos e entidades que están a transformar o comercio do rural con novas ideas e enfoques.
Nun ambiente dinámico e participativo, diferentes iniciativas compartirán a súa experiencia en formatos áxiles: historias que inspiran, retos que nos interpelan e oportunidades que poden abrir novas vías de colaboración. Será tamén un espazo para escoitar, preguntar e, sobre todo, conectar.
Ademais das presentacións, haberá tempo para o networking, favorecendo o intercambio de contactos, a creación de sinerxías e o descubrimento de recursos que impulsen novos proxectos.
Unha xornada pensada para dar visibilidade ao que xa está a medrar no territorio… e para seguir sementando futuro no rural.
Programa
09:50 h - Recepción de asistentes e benvida
10:00 h - Presentación do evento
10:15 h - Sesión de traballo con proxectos do sector:
11:15 h - Recolleita de datos e presentación de conclusións
11:30 h - Peche da xornada
![]()
ColaboradoresEFA Piñeiral