Conectando o Polo co sector Agrogandeiro como impulsor da economía no rural

Dende 29 de abril, 2026 - Ata 29 de abril, 2026

Unha mañá para conectar ideas, persoas e futuro no corazón do rural. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza un encontro no que as persoas participantes poderán coñecer e traballar sobre as novas posibilidades e oportunidades que ofrece o sector agrogandeiro

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Mércores, 29 de abril I 10:30 h - 13:15 h 

📍 Sede do Polo de Melide. R/ Convento, 1, Melide 

 

O talento do sector agrogandeiro ten unha cita en Melide. Esta xornada, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide, nace para crear un punto de encontro real entre persoas emprendedoras, proxectos e entidades que están a transformar o rural con novas ideas e enfoques.

 

Nun ambiente dinámico e participativo, diferentes iniciativas compartirán a súa experiencia en formatos áxiles: historias que inspiran, retos que nos interpelan e oportunidades que poden abrir novas vías de colaboración. Será tamén un espazo para escoitar, preguntar e, sobre todo, conectar.

 

Ademais das presentacións, haberá tempo para o networking, favorecendo o intercambio de contactos, a creación de sinerxías e o descubrimento de recursos que impulsen novos proxectos.

 

Unha xornada pensada para dar visibilidade ao que xa está a medrar no territorio… e para seguir sementando futuro no rural.

 

Programa 

10:30 h - Recepción de asistentes e benvida 

10:45 h - Presentación do evento 

11:00 h - Informe de actividade do Polo dende o seu inicio: Polo de Melide

11:15 h - Sesión de traballo con proxectos do sector: 

12:15 h - Espazo networkingPausa café

12:45 h - Recolleita de datos e presentación de conclusións

13:15 h - Peche da xornada 

 

Presencial

Voltar