Dende 12 de marzo, 2026 - Ata 12 de marzo, 2026
Se produces, transformas ou estás pensando en emprender no ámbito agroalimentario rural, esta é unha oportunidade para ampliar rede, detectar sinerxías e reforzar o teu proxecto con información práctica e contactos estratéxicos.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 12 de marzo I 10:00 h - 13:00 h
📍 Sede do Polo de Friol. R/ Diputación, nº 18, 1º Planta, Friol, Lugo
Se es persoa emprendedora, autónoma ou formas parte dunha pequena empresa do sector agroalimentario, esta xornada está pensada para ti.
“Conectando o Polo de Emprendemento co Queixo de Friol e o Pan de Ousá” é un punto de encontro dirixido especialmente a produtoras e produtores de Queixo de Friol e Pan de Ousá, así como a quen está valorando iniciar un proxecto vinculado ao medio rural e á transformación alimentaria de calidade.
O obxectivo é claro: ofrecer información útil, compartir experiencias reais do sector e crear conexións que poidan traducirse en novas oportunidades de negocio. Durante a sesión poderás coñecer de primeira man os recursos e servizos do Polo de Emprendemento, resolver dúbidas sobre apoio, acompañamento e vías de financiamento, e escoitar casos que demostran que é posible medrar desde o territorio.
Será tamén un espazo para o diálogo entre profesionais que comparten retos semellantes: relevo xeracional, comercialización, diferenciación de produto, innovación sen perder identidade e colaboración entre iniciativas locais.
Se produces, transformas ou estás pensando en emprender no ámbito agroalimentario rural, esta é unha oportunidade para ampliar rede, detectar sinerxías e reforzar o teu proxecto con información práctica e contactos estratéxicos.
Reserva a túa praza e forma parte dunha xornada creada para impulsar o talento e o valor do noso territorio.
Programa
10:00 h - Benvida e recepción.
10:10 h - Apertura institucional.
10:20 h - Presentación do Polo de emprendemento: recurso e oportunidades.
10:30 h - Mesa de experiencias: Queixo de Friol e Pan de Ousá.
11:30 h - Pausa para café e networking
12:00 h - Diálogo aberto: innovación, colaboración e futuro do producto local.
12:50 h - Preguntas e respostas.
13:00 h - Peche da actividade.
![]()