Conectando o Polo co Queixo de Friol

Dende 26 de maio, 2026 - Ata 26 de maio, 2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza unha xornada para avanzar, xunto coas persoas produtoras do Queixo de Friol, na creación dunha asociación e dunha marca colectiva que reforce o seu valor e competitividade.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 26 de maio I 10:00 h. - 13:00 h 

📍 Sede do Polo de Friol. R/ Diputación, n18, 1 planta, Friol, Lugo 

 

Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol convídate a participar nun novo encontro pensado para seguir fortalecendo un referente do saber facer e da tradición produtiva de Friol : o Queixo de Friol. 

 

Tras unha primeira sesión na que compartimos reflexións, retos e oportunidades do sector, damos agora un paso adiante cunha xornada de traballo colaborativo orientada á acción e á toma de decisións.

 

Este encontro será unha oportunidade única para que as persoas produtoras poñades en común ideas, necesidades e visións de futuro, avanzando cara á creación dunha estrutura organizativa común e dunha marca colectiva que axude a reforzar a diferenciación, o prestixio e a competitividade deste dous produtos. 

 

Que imos traballar?

  • Os pasos necesarios para a creación dunha Asociación de Queixeiros/as de Friol.
  • A análise e definición dunha posible marca colectiva para os produtos
  • A identificación dos valores diferenciais que fan único o noso queixo e pan. 
  • O establecemento de criterios iniciais de uso da marca.
  • A posta en valor da experiencia, coñecemento e compromiso das persoas produtoras.

 

Por que participar?

Porque o futuro destes dous produtos constrúese entre todas e todos. Este é un espazo para compartir, decidir e impulsar accións concretas que permitan fortalecer o sector desde a colaboración e o arraigo ao territorio. 

 

A túa experiencia e a túa voz son fundamentais.
Anímate a formar parte deste proceso e a contribuír á creación dun proxecto común que poña aínda máis en valor o noso produto.

 

Inscríbete e participa!

 

Programa 

10:00 h - Benvida e recepción.

10:10 h - Presentación do Polo de emprendemento: recurso e oportunidades.

10:30 h - Asociación: requisitos, pasos e obxetivos.

11:30 h - Pausa para café e networking

12:00 h - Marca colaborativa: propostas e usos.

13:00 h - Peche da actividade.

 


Presencial

Voltar