Conectando o Polo co Pemento de Mougán

Dende 12 de setembro, 2026 - Ata 12 de setembro, 2026

Un encontro para poñer en valor o Pemento de Mougán, descubrir novas oportunidades arredor deste produto e conectar persoas produtoras, emprendedoras e profesionais do territorio.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Sábado, 12 de setembro I 10:00 h - 13:00 h

📍  Carballeira Meixaboi (Guntín)

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza esta xornada para poñer en valor o Pemento de Mougán e descubrir novas oportunidades arredor da súa produción, transformación, comercialización e aplicación na gastronomía.

 

Un encontro para coñecer mellor este produto, compartir ideas e experiencias e conectar persoas produtoras, emprendedoras, profesionais da restauración e outros axentes do territorio.

 

E para rematar, showcooking “Da horta ao prato: o Pemento de Mougán na cociña”, seguido dunha degustación e un espazo de networking.

 

Unha xornada para coñecer, probar, compartir e descubrir todo o que pode medrar arredor dun produto que forma parte da nosa terra.

 

Inscríbete e forma parte deste encontro!

 

Programa: 

10:00 h - Benvida e recepción.

10:20 h - Apertura institucional e presentación do Polo de Emprendemento.

10:35 h - O Pemento de Mougán: tradición con futuro. (Presentación do producto, características diferenciadoras, situación actual e oportunidades.)

11:00 h - Innovación e oportunidades arredor do Pemento de Mougán. (Mesa de diálogo de produtores, persoas emprendedoras e representantes do Polo sobre comercialización, transformación, turismo gastronómico e colaboracións)

11:40 h - Ideas que medran co Pemento de Mougán. (Dinámica participativa para identificar novas oportunidades de negocio, colaboración e valorización do produto)

12:00 h - Da horta ao prato: o Pemento de Mougán na cociña (Showcooking a cargo dun chef convidado, elaboración de dúas ou tres recetas sinxelas que poñan en valor o produto e amosen diferentes posibilidades de consumo e transformación).

12:30 h - Degustación e networking.

13:00 h - Peche da actividade.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Guntín, Asociación de Produtores Pemento de Mougán e GDR4 Comarca de Lugo

Voltar