Conectando axentes do ecosistema emprendedor do territorio

Dende 30 de setembro, 2026 - Ata 30 de setembro, 2026

Un encontro para conectar entidades, compartir recursos e fortalecer a colaboración en apoio ás persoas emprendedoras do territorio.

Categorías: Networking da Rede de Polos

 

🗓️ Mércores, 30 de setembro I 11:00 h - 12:45 h

📍 Polo do Porriño. R/ Ramiranes n9, 36, O Porriño 

 

O ecosistema emprendedor está formado por moitos axentes que, cando traballan en rede, poden ofrecer un acompañamento máis completo e útil ás persoas que queren emprender.

 

Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Porriño reúne nesta xornada ao seu equipo técnico, aos GDR Terra e Auga e Galicia Suroeste e aos servizos de orientación laboral de diferentes concellos.

 

Un encontro para coñecer mellor o traballo de cada entidade, compartir recursos, detectar puntos de encontro e identificar novas vías de colaboración.

 

Durante a xornada, os GDR presentarán os seus servizos e recursos, mentres que o Polo dará a coñecer as súas ferramentas e o acompañamento que ofrece ás persoas emprendedoras.

 

E, para rematar, un espazo informal para seguir conversando, intercambiar ideas e fortalecer unha rede de apoio que permita xerar novas sinerxías e oportunidades de cooperación.

 

Porque facer rede tamén é facer crecer o ecosistema emprendedor.

 

Programa: 

11:00 h - Benvida e presentación da xornada:

Presentación do obxectivo da actividade e dos axentes participantes.

 

11:15 h - Presentación do Polo de O Porriño dentro do ecosistema de apoio ao emprendemento:

O equipo técnico do Polo de O Porriño presentará os seus servizos e recursos, destacando as vías de colaboración e derivación con outros axentes.

 

11:35 h - Presentación dos GDR, dentro do ecosistema de apoio ao emprendemento:

O GDR Terra e Auga e o GDR Galicia Suroeste darán a coñecer os seus recursos, programas e oportunidades de apoio ao emprendemento, así como as principais vías de colaboración para o desenvolvemento dos proxectos no territorio.

 

12:15 h - Diálogo e conexión entre axentes:

O persoal técnico facilitará un debate orientado a identificar as principais cuestións, dificultades e necesidades que xorden nestes procesos, co obxectivo de mellorar a coordinación, optimizar as derivacións e reforzar a colaboración entre as entidades.

Durante esta sesión, as persoas orientadoras laborais poderán compartir a súa experiencia no acompañamento das persoas emprendedoras nos concellos, así como reflexionar sobre os momentos e criterios nos que consideran axeitado realizar a súa derivación aos Polos, aos GDR ou a outras entidades especializadas.

 

12:45 h - Networking e peche da xornada:

A xornada rematará cun encontro informal no Café Restaurante Paso a Nivel, con pinchos e bebida,  para continuar o intercambio de experiencias e fortalecer a rede de colaboración.


Networking da Rede de Polos

Voltar