Dende 15 de xullo, 2026 - Ata 15 de xullo, 2026
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo acolle un encontro dirixido a mulleres emprendedoras para coñecer as oportunidades que ofrece o Programa EMEGA 2026, compartir experiencias e crear novas conexións que impulsen os seus proxectos empresariais.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 15 de xullo I 9:30 h - 11:00 h
📍 Sede do Polo de Mondoñedo. R/ Julia Pardo Montenegro, n13, Mondoñedo, Lugo
As axudas públicas poden converterse nun importante impulso para o emprendemento feminino, facilitando tanto a creación de novos negocios como o crecemento de iniciativas xa en marcha.
Con este encontro, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo pretende achegar ás emprendedoras do territorio información útil sobre o Programa EMEGA, ao tempo que crea un espazo para compartir experiencias, ampliar a rede de contactos e explorar novas oportunidades de colaboración.
A actividade combinará unha presentación práctica da convocatoria con momentos de networking e asesoramento, ofrecendo ás participantes orientación para identificar as liñas de apoio que mellor se adapten aos seus proxectos empresariais.
Programa:
9:30 h - Recepción e café de benvida
10:00 h - Networking guiado
Encontro “Oportunidades EMEGA 2026"
Espazo de asesoramento aberto
11:00 h - Peche da xornada
![]()