Dende 15 de maio, 2026 - Ata 15 de maio, 2026
Unha sesión práctica, organizada polo Polo de Coristanco, para mellorar as túas vendas, aprender a conectar mellor coa clientela e converter máis oportunidades en clientes reais.
Categorías: Formación
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

🗓️ Venres, 15 de maio I 10:00 h - 13:00 h
📍 Sede do Polo de Coristanco. Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Lugar Feiranova, s/n, Coristanco, A Coruña
Se tes un proxecto, es autónomo ou levas unha pequena empresa, esta sesión organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristando está pensada para ti. Porque vender non é só cuestión de produto, senón de como o contas, como conectas e como transmites confianza.
Traballaremos con situacións reais de venda para que aprendas a comunicar mellor o valor do que ofreces, entender o que realmente necesita a túa clientela e responder con seguridade ás dúbidas máis habituais. Todo cun enfoque práctico, directo e sen rodeos.
Ao longo da sesión verás exemplos claros, farás exercicios útiles e levarás ferramentas que poderás aplicar desde o minuto un para mellorar os teus resultados e transformar máis contactos en clientes reais.
Se queres vender con máis seguridade, máis naturalidade e menos presión, este é o teu sitio.
Programa:
10:00 h - Benvida e presentación da xornada
10:10 h - Comprender ao cliente para vender mellor
10:50 h - Presentar valor e xerar confianza
11:30 h - Pausa-café networking
12:00 h - Obxeccións e peche da venda
12:20 h - Aplicación práctica a situacións reais
13:00 h - Peche da xornada
![]()