Dende 16 de outubro, 2025 - Ata 16 de outubro, 2025
Explicaráselle ás persoas que pretenden emprender e tamén as persoas que teñen o seu proxecto empresarial en marcha en Esgos, os servizos do polo así como posibles subvencións ás que poden optar.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 16 outubro 2025 | 17:30 a 19:30
📍 Biblioteca municipal de Esgos. Praza da Souteira s/n
Á hora de poñer en marcha un proxecto de emprendemento, é fundamental contar con tanto apoio e axuda como sexa posible. Porén, non sempre se coñecen todos os recursos ao noso alcance. O concello de Esgos é consciente desta situación e, para remediala, ofrece esta formación xunto ao Polo de Baños de Molgas para poñer a disposición das persoas participantes todos os recursos da administración pública galega.
Nesta sesión afondarase na importancia de contar cunha metodoloxía clara e planificada para o desenvolvemento dun negocio. Non está enfocada exclusivamente a persoas que están no proceso de emprender por primeira vez, senón que tamén se ofrecerá información a aquelas persoas emprendedoras que xa teñan certa traxectoria, especialmente nos sectores de turismo e hostalería.
Tras a xornada, as persoas participantes contarán coas ferramentas precisas para sacar adiante os seus proxectos e fortalecer o comercio da comarca.
Programa:
17:30 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada.
17:40 h - Presentación do Polo e os seus servicios
17:50 h - Explicación das principais subvencións da nosa consellería dirixidas tanto a novos emprendedores coma a persoas con proxectos iniciados e/ou consolidados. A cargo dos técnicos do Polo Baños de Molgas: Verónica Ferraro e José Manuel Gómez Cabo
18:15 h - Subvencións específicas para os sectores de turismo e hostalería
18:45 h - Outras posibles subvencións ou liñas de financiación
19:05 h - Rolda de preguntas e aclaración de dúbidas
19:15 h - Networking
19:30 h - Peche de xornada
Se tes calquera dúbida sobre como poñer unha empresa en funcionamento, inscríbete!
![]()
ColaboradoresConcello de Esgos